SON RELATORA
NUN EVENTO.

Antes de nada grazas por axudar a visibilizar que a igualdade é posible, e contribuír o cada vez maior número de mulleres referentes tan necesarias na nosa sociedade.

Se vas formar parte das persoas relatoras, entendemos que poden ser dous tipos de eventos.

Asisto a un evento
non igualitario

Propoñer

Se tes a ocasión de falar coa persoa ou persoas organizadoras da importancia de construír eventos igualitarios e incluso poñérllelo máis fácil dándolles a coñecer PRESENTES xa estarás xerando unha oportunidade de cambio. Podes compartirlles este dosier no que se conta o proxecto, ou a guía de ventos igualitarios.

Mencionar

Se no momento que falas en público tes a oportunidade de mencionar a relevancia dos eventos para a construción dunha sociedade igualitaria axudarás a cambiar mentalidades e se, ademais, podes mencionar a algunhas mulleres referentes na túa temática, estarás a visibilizalas e inspirando a audiencia a descubrilas.

Asisto a un evento
igualitario

Apoiar

Darlle apoio á organización polo seu deseño igualitario do evento e ás mulleres participantes por dar un paso adiante, no modo que consideres oportuno, é moi importante de cara a poñer en valor o importante de facer ben as cousas e a capacidade que temos de mellorar a nosa sociedade.

Compartir

Utilizar as túas canles para difundir a túa participación nun evento igualitario axuda a chegar a máis persoas e mostrar boas prácticas que inspiren a outros eventos ou persoas relatoras. Se ademais queres, podes compartir o proxecto PRESENTES como una forma de entender como se deberían facer os eventos para que sexan igualitarios, e a facilidade grazas a esta ferramenta de busca, aquí podes descargar algún post como exemplo.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.