Glosario de termos sobre igualdade de xénero no ámbito profesional
Metáfora que describe as barreiras invisibles e estruturais que dificultan que as mulleres accedan a postos de alta responsabilidade e liderado, malia contar coa formación, experiencia e méritos necesarios. Non se trata de normas explícitas, senón de prácticas, nesgos e dinámicas organizativas que limitan a súa promoción
Concepto que fai referencia aos factores que manteñen a moitas mulleres atrapadas nos niveis máis baixos da xerarquía laboral, con escasas oportunidades de promoción e mobilidade. Está vinculado á precariedade, á segregación ocupacional e á asignación desigual das responsabilidades de coidados.
Metáfora que describe as barreiras invisibles e interiorizadas que dificultan que mulleres altamente cualificadas accedan aos niveis xerárquicos máis altos do ámbito profesional. Estas barreiras non proceden unicamente de obstáculos externos nin son impostas só polos homes, tamén se relacionan coa interiorización de modelos de liderado tradicionais e masculinizados, aos que moitas mulleres se viron obrigadas a adaptarse e polo tanto non axuda a outras mulleres a ascender.
Concepto acuñado polo sociólogo canadense Eran Shor para describir a infrarepresentación persistente das mulleres nos medios escritos e na produción de coñecemento experto. Refírese a como, en contextos profesionais altamente esixentes e con dinámicas de traballo aceleradas, se tende a recorrer de maneira sistemática a fontes, voces e referentes masculinos, reproducindo a invisibilización das mulleres. Este fenómeno non responde á falta de mulleres expertas, senón ás rutinas profesionais, ás axendas herdadas e ao impacto previo do teito de cristal nos espazos de poder e recoñecemento.
Diferenza media entre os salarios de mulleres e homes. Reflicte desigualdades estruturais como a segregación ocupacional, a infravaloración dos sectores feminizados, a parcialidade involuntaria e a menor presenza das mulleres en postos mellor remunerados.
Conxunto de medidas, políticas e prácticas que buscan compatibilizar o emprego coa vida persoal e familiar, sen penalización profesional. Desde a perspectiva de igualdade, implica avanzar cara á corresponsabilidade, evitando que os coidados recaian maioritariamente nas mulleres.
Estratexia que consiste en integrar a perspectiva de xénero en todas as políticas, decisións e prácticas organizativas, avaliando de maneira sistemática os seus efectos diferenciados sobre mulleres e homes, co obxectivo de previr desigualdades e promover a igualdade real.
Concepto que describe a experiencia psicolóxica pola que persoas altamente capacitadas —especialmente mulleres— dubidan das súas propias competencias e atribúen os seus logros a factores externos, como a sorte ou o esforzo excesivo, en lugar de ao seu mérito. No ámbito profesional, este fenómeno está estreitamente relacionado cos estereotipos de xénero, a infrarrepresentación das mulleres en postos de poder e a ausencia de referentes, e poderanse reforzar fenómenos como o teito de cemento e limitar a autoconfianza e a proxección profesional.
Termo empregado para describir un panel, mesa redonda ou conferencia composta exclusivamente por homes, especialmente en eventos profesionais, académicos ou institucionais. A palabra xorde da combinación de man (home) e panel (panel de persoas relatoras). Os manels evidencian a falta de diversidade e de representación das mulleres como expertas, contribuíndo á súa invisibilización, á reprodución de estereotipos de xénero e ao reforzo do teito de papel e do teito de cristal nos espazos de recoñecemento e autoridade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente a certas características e funcións.