Teñas o rol que teñas, formar parte dun evento é sempre unha oportunidade de construír unha sociedade más igualitaria. Se no teu caso asistes a algún evento entendemos que poden darse dúas posibilidades.
Escribir nas redes ou na web do evento e dar a coñecer PRESENTES pode axudar as personas organizadoras a encontrar mulleres e incluso a cambiar mentalidades se nunca pensaron na importancia que poden ter na igualdade.
Falar coa xente asistente, no momento e na forma que te sintas máis cómoda, da oportunidade perdida que é non ter en conta outras miradas no tema do evento. É un modo de axudar a reflexionar sobre esta causa, seguro que levas bonitas sorpresas e mais xente pensa coma ti.
Facerte eco nas túas redes (ou contorna) da túa experiencia e visión do evento ao que asistiches axudaralle seguro a moita xente a reflexionar sobre as súas capacidades como asistentes a eventos, e incluso a coñecer o proxecto PRESENTES.
Canto máis éxito teñan os eventos igualitarios máis personas poderán inspirarse desde unha mirada máis diversa da nosa realidade, e máis se farán no futuro. Animar a outra xente a asistir é un primeiro paso importante.
Seguro que nalgún momento do evento xorde a oportunidade de poñer en valor a importancia da igualdade nos eventos e a túa visión de como estás a vivir ese evento. Sexa coa organización, persoas relatoras ou asistentes. Xerar conversación é unha forma de, entre outras cousas, visibilizar.
Se fas ou compartes algunha publicación sobre o evento igualitario ao que asistiches axudas a dar voz a esta causa e inspirar a máis persoas. E se ademais falas de PRESENTES e mencionas as redes de Igualdade en Galicia (@igualdadegalicia), poderemos descubrir e incluso axudar a darlles voz nós tamén ás cousas ben feitas.
Recordámosche que aquí podes descargar distintos materiais que che axudarán a sumarte a PRESENTES.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente a certas características e funcións.