Se pertences a unha empresa, asociación ou entidade que organiza eventos, podes ter un rol moi importante de cara a conseguir a igualdade.
Seguro que no teu evento se falará de cousas moi interesantes, temas que definen a nosa realidade e seguramente proxectan o noso futuro en eidos coma o social ou empresarial. Achegar unha mirada máis diversa e aberta a estes temas a través da construción de eventos igualitarios é non só máis enriquecedor senón tamén clave no camiño cara á igualdade. Nesta páxina tratamos de darche algunhas formas de sumarte.
E se aínda non tes moi claro de que estamos a falar con eventos igualitarios aquí podes descargar unha guía que che pode axudar.
Está na túa man deseñar o teu evento cunha mirada coa que cambiar a nosa realidade facendo que sexa igualitario. E, agora, con esta plataforma telo aínda máis sinxelo. Recorda que aquí estamos se podemos axudarche dalgún modo.
Podes visibilizar o criterio que tiveches en conta para configurar o teu evento e mostrar así o teu apoio á igualdade. Tamén tes este selo que podes utilizar nas túas canles (web, redes, etc.) para amosar a túa implicación nos teus eventos.
Dar a coñecer a iniciativa PRESENTES a través das túas redes ou comunicación axuda a multiplicar o alcance para que máis xente a coñeza e vexa que construír outra sociedade é posible. Aquí tes algo de material que che pode axudar.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente a certas características e funcións.