María Cecilia Cardarelly

María Cecilia Cardarelly Bousquet

Comunicación e medios

María Cardarelly, nado María Cecilia Cardarelly Bousquet en Zaragoza no ano 1845, foi unha das primeiras mulleres fotógrafas profesionais en España e a primeira en Galicia, instalando o seu propio estudio en Santiago de Compostela na década de 1860. Proveniente dunha familia de tintureiros franceses afincados en Galicia, comezou a traballar como fotógrafa de estudio arredor de 1864, nun momento en que o oficio estaba dominado por homes e as posibilidades de acceso das mulleres á profesión eran moi limitadas.

Cardarelly é especialmente recoñecida por ser a primeira retratista coñecida da escritora galega Rosalía de Castro, con varias fotografías da familia Murguía-de Castro datadas arredor de 1865, algunhas das cales foron recentemente identificadas e atribuídas ao seu estudio. Tras uns anos de actividade como fotógrafa, que remataron coa marcha da súa familia e o peche do estudio, deixou a profesión e dedicouse a outras actividades como a venda de pianos e a enseñanza musical en Ferrol. Cara 1910 trasladouse a Madrid, onde viviu ata o seu falecemento na primeira década do século XX. A súa figura converteuse nun referente histórico da fotografía e das mulleres pioneiras no ámbito profesional en Galicia, abrindo camiño nun campo emerxente e deixando unha pegada duradeira na documentación visual da cultura galega.

A información contida na sección de mulleres históricas foi recompilada a partir de diversas fontes de referencia. Moitas destas mulleres non tiveron visibilidade no seu momento e a información que consta delas é moi escasa. Se detectas algunha inexactitude ou área de mellora, por favor contacta con nós en estamos@presentes.imaisd.es. Así mesmo, se coñeces algunha muller histórica que non apareza na listaxe e consideras que debería estar, agradeceriamos moito que nolo fixeses saber.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.