As irmás Touza; Lola, Amparo e Julia Touza Domínguez, foron tres mulleres de Ribadavia (Ourense) coñecidas pola súa extraordinaria acción humanitaria durante a Segunda Guerra Mundial, cando estableceron en segredo, na estación de tren da súa vila, unha rede de axuda para persoas xudías fuxidas da persecución nazi. Rexentaban o quiosco e a cantina na estación e, cando chegaban viaxeiros perseguidos que chegaban desde Francia coas intencións de cruzar cara a Portugal, as irmás, coa colaboración de amigos locais, acollíannos, ocultábanos na súa casa e facilitaban o seu traslado nocturno ata a fronteira para que puidesen salvar a súa vida.
Estas mulleres arriscaron as súas propias vidas e mantiveron o seu labor en absoluto segredo durante décadas, incluso para as súas propias familias, ata que a historia foi revelada despois das súas mortes. O seu compromiso e coragem foron recoñecidos posteriormente coa colocación dunha placa homenaxe na súa casa en Ribadavia e coa plantación dun xardín conmemorativo en Israel en honra da súa labor de solidariedade. A súa historia convértese nun símbolo de resistencia e empatía fronte á barbarie do Holocausto e un referente galego de dignidade e apoio aos máis vulnerables.