Aviso legal

Información xeral

O presente aviso legal regula o uso dos servizos do Sitio web en presentes.gal, titularidade da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia (en diante, “a Consellería”).

O acceso ao sitio web por parte das persoas usuarias ten carácter libre e gratuíto, e poderase levar a cabo previo rexistro das persoas usuarias ou sen rexistrarse estas previamente. Neste último caso, as funcionalidades serán limitadas. Así, para poder ser persoa usuaria activa do sitio web como muller profesional ou experta, será necesario rexistrarse como tal a través da creación da correspondente conta.

A utilización do sitio web, previo rexistro ou non, atribúe a condición de persoa usuaria deste e supón a aceptación plena e sen reservas de cada unha das disposicións incluídas no presente Aviso Legal na versión publicada no momento mesmo no que se accedas ao sitio web e, no caso de que te rexistres como persoa usuaria, nas condicións específicas sobre protección de datos persoais.

Como persoas usuarias, estas comprométense a utilizar o sitio web, así como os seus servizos e contidos de maneira dilixente, absténdose de realizar calquera acción que poida ir contra os dereitos ou intereses da Consellería ou de terceiros como poidan ser, por exemplo, dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou dereitos de imaxe, e respectando, en todo caso, a legalidade vixente.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Consellería non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio web, nin que se atope totalmente actualizado.

A Consellería resérvase o dereito de realizar en calquera momento e sen necesidade de previo aviso as modificacións e actualizacións dos servizos e da información contida neste sitio web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten no mesmo e a configuración destes, como a forma na que se mostren na súa web.

A Consellería non garante a dispoñibilidade e continuidade do funcionamento deste sitio web e dos seus servizos ou contido, nin que este se atope permanentemente actualizado. Con todo, cando sexa razoablemente posible, advertirase previamente das interrupcións no funcionamento do Sitio web e dos servizos nela ofrecidos. Neste contexto, a Consellería declina calquera responsabilidade polos posibles danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do Sitio web e dos servizos ofrecidos a través deste.

A Consellería non se fai responsable do uso ou destino que dean as persoas usuarias á información proporcionada a través do sitio web ou de calquera dos seus servizos, nin dos comentarios, opinións e ideas que, no seu caso, se poidan difundir a través de calquera ferramenta participativa ou colaborativa postas ao dispor das persoas usuarias.

A Consellería non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no sitio web con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

Tanto o acceso á web como o uso que poida facerse da información contida na mesma é da exclusiva responsabilidade de quen o realiza. Do mesmo xeito, as persoas usuarias serán as únicas responsables da realidade de todos os datos que comuniquen a través do sitio web, comprometéndose a facer un uso dilixente e confidencial das claves que lles poidan ser facilitadas pola Consellería para o acceso a servizos e contidos. En consecuencia, as persoas usuarias son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificadores ou contrasinais que lles sexan fornecidas pola Consellería e obríganse a non ceder o seu uso a terceiros nin a permitir o seu acceso a persoas alleas. As persoas usuarias obríganse a notificar así mesmo de forma inmediata á Consellería calquera incidencia que poida supoñer o uso indebido dos referidos identificadores (roubos, extravíos…) co fin de proceder á súa cancelación. Mentres non se comuniquen tales feitos, a Consellería quedará eximida de calquera responsabilidade que puidese derivarse do uso indebido dos identificadores ou contrasinais por terceiros non autorizados.

O sitio web pode ofrecer ás persoas usuarias dispositivos técnicos de ligazón (links, banners ou botóns), que permiten acceder a sitios web pertencentes ou xestionados por terceiros e que poidan ser de interese para as persoas usuarias co único obxectivo de facilitar a procura de recursos a través da Internet, é dicir, con finalidade soamente informativa sen que en ningún caso supoña suxestión, invitación ou recomendación sobre os mesmos. Ditas páxinas xestionadas por terceiros, non pertencen á Consellería nin esta fai revisión dos seus contidos, polo que non se responsabiliza da conexión, calidade, exactitude ou veracidade dos mesmos ou do funcionamento da páxina enlazada, nin dos posibles

danos que poidan derivarse do seu acceso ou uso, debendo as persoas usuarias deste sitio web, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns. Recoméndase ás persoas usuarias que sexan conscientes de que ao utilizar unha destas ligazóns están a abandonar a nosa web e que lean as políticas de privacidade desoutras webs, en especial se se solicitan datos persoais a través delas.

Propiedade intelectual e industrial e dereitos de imaxe

A Consellería é titular do nome de dominio presentes.gal Todo o contido dispoñible no sitio web, incluíndo o seu deseño, estrutura e distribución, textos, logotipos, marcas, botóns, imaxes, debuxos, código fonte, así como todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial e calquera outro signo distintivo, son titularidade da Consellería ou da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ou se atopan lexitimamente explotados por esta en virtude de acordos ou licenzas de uso.

A información dispoñible neste sitio web, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información
  • As persoas usuarias quedan obrigadas a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
  • Deberase respectar en todo caso o dereito á protección de datos persoais das persoas físicas cuxos datos se difundan a través do sitio web.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do sitio web e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

As persoas usuarias ao subir, compartir ou difundir contidos neste sitio web, como por exemplo, imaxes, autorizan á Consellería a usar eses materiais para o desenvolvemento das actividades de promoción e difusión desta plataforma con carácter gratuíto e sen límite temporal ou espacial algún. Así mesmo, as persoas usuarias deberán utilizar e publicar unicamente contidos respecto dos que conten cos dereitos de propiedade intelectual suficientes.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.